Lendas do Alén é unha banda viguesa conformada por Alex (teclados e baixo), Anxo (saxo e baixo), Santi (guitarra e voz), Sara (frauta e voz), Sol (voz e baixo) e Pedro (batería e voz); cun sonido que intenta fusionar o jazz, o rock progresivo, o psicodélico e o latino de artistas como Magic Malik, Frank Zappa, Serú Girán, Gong ou King Gizzard and the Lizard Wizard, así como a tradición galega mirando a grupos coma Milladoiro ou Luar na lubre para poder así crear música instrumental e en galego cunha intención lúdica e unha visión crítica.
Xorde como un proxecto dun grupo de estudantes de Telecomunicacións de Vigo un 7 de setembro nunha reunión organizada por Pedro, pensada para facer unha rede de músicos na facultade. Nesa reunión confórmanse dúas bandas, Fama, que desaparecería ao pouco tempo, e Lendas do Alén, centrada nunha convinación de covers de cancións de diversos xéneros e jam sessions levadas a cabo nos ensaios feitos no campus.
Os ensaios da banda comezarían tras a xornada de incendios en Vigo o 24 de outubro de 2017 nas instalacións do CUVI, chegando a alcanzar as 13 integrantes. Pese as negativas e problemáticas arbitrarias presentadas pola organización das salas de ensaio da Universidade de Vigo, a banda consigue ensaiar grazas ao apoio da Escola de Telecomunicacións, a cal facilita un espazo para almacenar o equipo da banda entre ensaios, incuindo unha segunda batería e amplificación.
Neste periodo numerosas integrantes entran e abandonan a banda por motivos de estudos e traballo, menguando ata as 6 integrantes. Ante as problemáticas do espazo e o cambio tan radical en número de integrantes o grupo migra ao faiado dos avos de Alex.
Ao final de 2021 a banda ten que deixar o faiado e se muda ao antigo local de O Fiadeiro, no Calvario, creando un espazo propio con zonas de ensaio e un taller no que desarrollar as ideas musicais e artesanais da banda.
É neste espazo que nace a idea de Jams do Alén en 2023, un evento que ten lugar cada dúas semanas co fin de explorar a viabilidade de realizar Jam Sessions sen organización previa para dar renda solta á creatividade e espontaneidade, e coñecer a novas persoas con similares inquedanzas.
É así como a formación acada a súa configuración actual, sumándose ao grupo varias das persoas repetidoras destas jams, que co tempo se expandirían fora do estudo baixo o nome de Jams no Alén.
É así que Lendas do Alén aúna a perspectiva do blues rock arxentino e do rock progresivo e psicodélico galego.