Sol Florencia Dini Maldonado (Buenos Aires, 2000) é a vocalista principal e en ocasións baixista de Lendas do Alén. A súa paixón pola música comeza cos discos de música clásica, rock, pop, reggae... do seu pai en Arxentina. Con 2 anos migra a Viareggio (Italia) e será alí onde, mentras asistía á Escola Primaria Raffaello Lambruschini con 9 anos, comeza clases de piano particulares que deixará un ano máis tarde buscando aprender rock. Con 11 anos, estudando na Escola Media Raffaello Motto, unha tarefa de clase lle fai aprender varios acordes na guitarra que sempre houbo na súa casa.
Retorna a Arxentina e aos 12 anos comeza a participar en actos escolares na Escola Técnica Ingeniero Guidici, pasando por novos instrumentos como o charango, o ukelele ou varios instrumentos de percusión. Pasados 5 anos facendo música de forma puntual únese á unha banda formada por Santiago, na que ao ver que xa había dúas guitarras decide ser vocalista secundaria, pasando a ter un rol principal nas voces co tempo e collendo as rendas do baixo, unha nova paixón.
Con 18 anos fai unha estadía en Torredembarra (España) e asiste a un curso de sketching en Madrid, expandindo a súa paixón polo deseño nunha polo debuxo e as artes plásticas. Tras volver a Arxentina comeza os seus estudos na Tecnicatura de Animación y Efectos Visuales na Universidade Nacional de San Martín en Buenos Aires. Os seus estudos culminan cunha travesía por varias productoras nas que forma parte de equipos de producción de cortometraxes, mediometraxes, videoxogos e mesmo series interactivas.
Finalmente migra a Vigo en 2023, onde comeza a asistir a varias das jams da cidade. Será na jam do Ferry un ano máis tarde onde, xunto con Santi, reciba o convite ás Jams do Alén, nas cales decidirá unirse a Lendas do Alén pola sinerxía co resto da banda.
Sol acada así unha mistura de influencias que van dende as batallas de rap urbanas ata o jazz, pasando pola electrónica, o hard rock, o dream pop... tanto de forma autodidacta como grazas á influencia do seu entorno.