Santiago Fernández Pérez (Buenos Aires, 2000) é cantante e guitarrista principal de Lendas do Alén. Enxeñeiro mecánico pola Universidade Nacional de Lomas de Zamora, en Arxentina, emigra a Galicia no ano 2023 tras finalizar os estudos universitarios para continuar a súa formación e traballar no sector automovilístico.
O seu vínculo ca música comeza no 2008 aos oito anos, cando comeza a dar clases de guitarra española. No 2011 adquire a súa primeira guitarra eléctrica, sendo este un punto de inflexión no seu desarrollo musical. A influencia da guitarra eléctrica o move a mellorar a súa técnica e explorar novos xéneros musicais, como o rock psicodélico con bandas como Cual, integrada por varios compañeiros do instituto.
Tras varios anos explorando a música cos seus amigos, no 2015 comeza a interesarse polo blues, ampliando os seus horizontes estilísticos con influencias como B.B. King, Albert King, Rafa Nasta e Duane Allman, e continúa a súa exploración do rock psicodélico e progresivo con bandas como Serú Girán, Banco del Mutuo Soccorso e Genesis, e do soft rock con bandas como Steely Dan, Toto e Tom Petty. Este cúmulo de influencias o leva a fundar en 2017 a banda Salto Compacto xunto con Sol e varios amigos.
No 2018 fai un breve paso pola Escuela de Música Popular de Avellaneda, onde comeza a estudar guitarra de jazz, e se incorpora como guitarrista principal en Los Romeos, banda mítica do rock arxentino. No 2019 estuda armonía e composición co saxofonista da banda Los Visitantes, Horacio Dubosq, expandindo os seus coñecementos teóricos.
Durante a pandemia de 2020 graba xunto a Los Romeos unha versión do clásico "Sin Meditar" producida polo recoñecido enxeñeiro de son Mario Breuer, mais pouco despois ten que apartarse temporalmente da música por un accidente laboral que lle incapacitaría a man esquerda.
Ao migrar a España no 2023 decide retomar a actividade musical participando de varias Jam Sessions na cidade de Vigo, coñecendo así en 2024 ás integrantes de Lendas do Alén e participando das Jams do Alén, pasando a formar parte da banda pouco despois.