Pedro Manuel Carro Parafita (A Coruña, 1997) é o baterista principal de Lendas do Alén. Nado na cidade da Coruña e estudante do Salesianos San Juan Bosco comezará a súa andanza na música na Escola Municipal de Música da Coruña. Tras varios cambios de profesores comeza a formar parte de bandas que xorden no centro xuvenil Abeiro.
Toca en varias das veladas do centro xuvenil, así como do instituto, con diversas formacións con compañeiras de estudos e coas persoas que acabarían creando Senectud Sideral e Us in the mirror. Esta experiencia é clave na súa formación musical e forma de entender as actuacións ao vivo.
Tras tocar en varios festivais do Intercentros coruñés organiza con varios amigos un tributo á banda inglesa Pink Floyd.
Pasará un tempo tocando de forma esporádica no centro xuvenil sin estar integrado nunha banda, pasando a formar parte da banda Us in the mirror creada por Iván Mosquera e Lucía Vallines, tras a marcha do seu anterior baterista.
Será con esta formación coa que comece a acadar certa madurez musical, tocando en escenarios como o do teatro Colón, a sala Mardi Gras, a sala Túnel, o auditorio Ágora... E compoñendo xunto co resto da formación unha serie de temas conceptuais, sendo Cherchez la Femme o único que vería a luz antes da disolución da banda en 2016.
No ano 2015 viaxa a Gasteiz para participar no campamento de Gazterock, onde coñecerá a César Santalla e a Sara. En Vitoria formarán DelirIVm ata o remate do campamento, pero que permanecerá como forma de nomear o conxunto de proxectos musicais derivados do círculo de contactos acadados grazas a esta experiencia.
Tras mudarse a Vigo para comezar os seus estudos universitarios en Teleco se distancia da música por un tempo, intentando levar a distancia unha formación con César e dous amigos máis chamada Achoo, cun tono crítico e burlón e influencias musicais moi diversas. Así pasaría o tempo ata comezar o curso 2017-2018 no que decide organizar unha rede de músicos na facultade da que nacería o proxecto de Lendas do Alén e comeza a asistir a varias das jam sessions que nacen e collen forza en Vigo.