Alejandro Gómez Gonzalez "Alex" ou "Alejandrez" (Vigo, 1997) é o teclista e ocasionalmente baixista de Lendas do Alén. Estudou no colexio vigués Quiñones de León ó mesmo tempo que acudía a clases de guitarra española na escola O Fiadeiro. Non foi ata que no colexio lle ensinaron un tema de Queen que comezou a interesarse pola música, redescubrindo a colección de discos dos seus pais. Esto lle inspira a construir a guitarra eléctrica Xela2013, comezando ese ano clases de guitarra en Rockschool.
En 2013 regálanlle un baixo, instrumento que lle xeraba grande interés, comezando a asistir a clases. Descontento ca súa guitarra constrúe outra de mellor calidade, a Xela2014. Cambia de instituto e pasa a participar na formación do grupo Versus como baixista, co que actúa en varias ocasións. Nese grupo comeza a interesarse pola batería, e compra unha para aprender a tocala. Ao rematar o curso académico deixará de formar parte de Versus descontento ca actitude do resto da banda.
Ó ano seguinte únese ó grupo os Albertos como guitarrista, ata a renuncia do baterista, substituíndo Alex o seu posto e abandonando as clases de guitarra. A finais de curso, descontento co estilo thrash metal abandona o grupo e comeza a quedar con dous amigos guitarristas no faiado onde practica coa súa batería, formando Res Publica, grupo no que ninguen ten oficialmente asignado un instrumento.
Comeza os estudos universitarios en Teleco en 2016, onde participa na formación de Lendas do Alén como baixista. Buscando un cambio radical no seu son adquire un Jazz Bass sen trastes e comeza a asistir ás múltiples jams viguesas para poder gañar experiencia musical. No ano 2019 comeza a interesarse polo teclado atendendo ás clases de David Vázquez, con quen aprende técnica básica, sen chegar a profundizar no instrumento por estar aínda centrado no baixo.
Tras herdar as ferramentas do seu avó ebanista, toma a carpintaría como nova afección e, debido á falta de instrumentación no grupo decide fabricar con Pedro unha pedaleira MIDI ca que poder ampliar o espazo sonoro da banda sen deixar de tocar o baixo. Tamén comeza a replicar instrumentos de pequena percusión, modificar cascos de batería e facer útiles musicais para varios instrumentos.
Perseguindo a súa ilusión de tocar un instrumento de vento comeza a tocar o fagot coa Banda Escola de Música de Beade no ano 2022, o que lle aporta unha perspectiva completamente nova da música. Ademáis, a creación das Jams do Alén o leva a mellorar a súa técnica nos teclados, pasando a ser o seu rol principal na banda, e fabricando o seu propio sistema MIDI personalizado.
En 2025, servíndose da experiencia obtida tras fabricar a pedaleira, baterías e varios instrumentos de percusión, decide comercializar a súa paixón pola ebanistería e a música creando unha marca especializada no deseño e fabricación de instrumentos musicais artesanais altamente personalizables, Sonata Custom.
Esta experiencia e acceso a ferramentas permite á banda adaptar o estudo á súa formación única e facer instrumentos personalizados, como a batería nunha mala, que lles permitirá facer as Jams no Alén, ou as baterías matryoshka e o soporte de teclados de aceiro que facilitan o transporte da formación completa en pouco espazo.