Sara Puente Chantada (Vigo, 1998) nace un martes 13. As súas primeiras lembranzas musicais son influencia directa dos seus pais, destacando as cancións-protesta de Olga Manzano e Manuel Picón, escoitando Como Caraballo mató un gallo coma se dun conto se tratase.
Ao descubrir que os seus amigos non escoitan Carta de un Soldado, pide o seu propio reprodutor de CDs á súa avoa, sendo o seu primeiro disco a banda sonora de Harry Potter. Esta paixón polas bandas sonoras a leva a aprender a usar Linux dende moi nova co obxectivo de descargar música de películas, como a de O Señor dos Aneis. Esta temperá fusión entre a música orquestral e a curiosidade tecnolóxica converteríase nun selo distintivo da súa personalidade.
Asiste a clases de música e teatro dende pequena e ao ter que escoller un instrumento aos 8 anos decántase pola frauta travesa, por vela coma un instrumento "moi grande e moi complexo", algo do que na súa mente podería presumir, e por ser moi pouco común. Nos seus anos de conservatorio descubre unha paixón polas clases en grupo, especialmente nas grandes agrupacións.
Crece cas influencias habituais dunha nena na era do Internet temprano. Pasa pola música Disney, El Canto del Loco, unha etapa Tumblr con pop-punk de McFly ou My Chemical Romance, e outra máis alternativa con artistas como Iván Ferreiro. O punto de inflexión chega en 2014 no campamento de verán Gazterock, onde descobre que a frauta existe fora da música clásica, con Ian Anderson como exemplo da súa convivencia co rock. A súa curiosidade a leva ata Magic Malik, quen se converte no seu maior referente para entender o instrumento.
Estudando Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo cofunda a banda de Lendas do Alén. Nesta etapa se abre a novos xéneros como a música urbana, con Nathy Peluso, Zahara ou C Tangana, derrubando prexuízos e buscando puntos de conexión entre mundos aparentemente afastados.
A fusión de correntes —o técnico e o artístico, o clásico e o contemporáneo— é a que define a súa identidade. Mantendo un foco dual: seguir descubrindo as fronteiras da frauta como instrumento e, ao mesmo tempo, afondar nos seus coñecementos técnicos na Ciberseguridade.